Residuos - As Pontes de García Rodríguez

Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular)

Lista de xestores autorizados

Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.

Ver Lei

Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na Lei 7/2022, de 8 de abril, así como os recipientes e envases que os contiveran.

Lista Europea de residuos

Recollida de Mobles e Aveños

Recóllense os mércores pola mañá de cada semana previa chamada ao teléfono: 981 45 31 81. Recollen avisos ata o martes ás 13:00 h.

Recollida de Papel e Cartón

A recollida de papel cartón posta a porta de empresas no centro urbano realízase diariamente e os venres ás empresas dos polígonos.

Punto Limpo

Dirección: Parque Empresarial Os Airios, Sector 02

Horario: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 de luns a venres e o sábado de 9:00 a 14:00

Telf. 667.129.360

Punto Limpo

Residuos admitidos en colectores grandes:

Cascallos

Elementos voluminosos como mobles, colchóns…

Madeira: palés, taboleiros, táboas, caixas, marcos de portas…

Elementos férricos: estruturas metálicas, somieres…

Restos de podas

Residuos admitidos en colectores pequenos:

Papel e Cartón

Envases

Pilas

Radiografías

Fármacos

Tóner e tintas

Aceite vexetal

Aceite mineral

Baterías

Fluorescentes

Electrodomésticos

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies