20/12/2024
O Concello das Pontes reclámalle á Xunta de Galicia a implantación, de forma urxente, do servizo de raios X no centro de saúde do municipio.
Así, o goberno local faise, novamente, eco dunha demanda social histórica que evitaría o desprazamento dos veciños e veciñas das Pontes aos centros sanitarios de Ortigueira, Pontedeume ou ao hospital de Ferrol.
Desde o Concello apuntan que “en outubro de 2023 solicitamos á Consellería de Sanidade unha reunión para abordar esta cuestión e implantar este servizo no noso municipio e voltamos a solicitar este servizo en novembro de 2024. As Pontes conta coas instalacións precisas para albergalo e os medios actuais permiten poder informar das probas diagnósticas telematicamente o que suporía, que nin especialistas en radioloxía nin doentes tiveran que realizar desprazamentos innecesarios que implican custes económicos e importantes perdas de tempo que, en última instancia, privan do acceso a unha sanidade universal e gratuíta aos veciños e veciñas das Pontes”
Asi mesmo reclama da Xunta de Galicia non só a creación do servizo senón que se dote do orzamento axeitado e suficiente para poder sufragalo sen que teña que ser o Concello das Pontes quen acabe suplementando o gasto.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-reclama-a-implantacion-do-servizo-de-raios-x-no-centro-de-saude-do-municipio/
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies