Noticias y alertas

COMPARTIMOSO sábado día 7 de setembro, en xornada matinal, disputouse no Lago...

09/09/2024

COMPARTIMOS



O sábado día 7 de setembro, en xornada matinal, disputouse no Lago de As Pontes a 5ª e derradeira regata do lll Circuíto Provincial AT Deputación da Coruña.



Como anfitrión, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes, brindáballe ao pobo a posibilidade de ver @s futur@s padexei@s da nosa provincia en acción, e de paso ver unha regata de exhibición en k4 de xente xa máis veterán.



O club local alzábase coa terceira posición por equipos, sustentado polos puntos de toda a súa base.



Xa en termos individuais os resultados foron os seguintes:



En muller cadete, Antía acababa segunda posición seguida de Carmén que sería terceira.



En muller alevín A, Martina lograba un 3º posto, subindo ó podio.



En muller benxamín B, a máis destacada era Aleixa,sendo terceira seguida de Vir cuarta e Arume novena.



Xa en muller prebenxamín, Xiana subía o podio en segunda posición e Alba lograba en sexta posición.



En home prebenxamín, Martín conseguía colarse no podio sendo terceiro.



En home benxamín B, Javi impoñíase sin paliativos, e acadaba o ouro e Alejandro era decimo primeiro.



Igual que en home benxamín B, pero neste caso en home Benxamín A, Unai facía o propio gañando con autoridade.



En home alevín A, Xandre remataba na quinta posición.



Xa en home Infantil B, Dani impoñíase si problemas, sendo Xoel terceiro e Enós chegaba na décima posición.



Chegaba a hora do home Infantil A, onde Xalo Romero era o campión e Xalo Cascudo facía un 4º posto.



Xa en home cadete K1, Adri Filgueira era segundo nun vibrante sprint, Omar quinto, Adrián Ribeiro décimo quinto, Fernán chegaba no posto viséximo cuarto e Bruno no viséximo sexto.



Xa na regata de exhibición, o k4 muller senior de Ada, Yessica, Celia e Araceli gañaba, e os k4 Home de Antón, Pablo, José Antonio e Xalo eran segundos senior e o de Ángel, Miguel, Jose Manuel e Ernesto segundos veteráns.



Foto: Grupo Xuvenil















































Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies