Noticias e alertas

PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO

06/09/2024

PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO

CONCERTO Casino Montreal



Unha banda de Ponferrada que en 2023 puxo fin ao seu proxecto anterior, The Morgans. O Home Excepcional é o seu primeiro disco e viu a luz en outubro de 2023 coa produción de Carlos Hernández (Viva Suecia, Sidecars, Joaquin Sabina…) que inclúe nove contundentes temas de indie rock en castelán con pegadizos retrousos, ritmos moi marcados, unha produción eufórica e unhas letras interesantes. Cancións na que van debullando a figura do «home excepcional», dando a entender o complicado que resulta para unha persoa trazar o seu propio camiño para chegar a esa singularidade.



Esta actividade ponse en marcha co apoio do Instituto para a Transición Justa e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN) a través do programa DinamizartJ co que se pretende xerar unha oferta cultural ampla nos municipios afectados polo proceso de peche de instalacións en zonas de Transición Xusta.



📆 28 de setembro

🕦 20:00 horas

📌 Auditorio Municipal Cine Alovi

Entrada de balde!



#dinamizartj #transiciónjusta #CIUDEN #aspontes



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies