Noticias e alertas

O circuíto das Pontes acollerá esta fin de semana unha nova edición do VF Challenge MR Gran Premio Concello das Pontes

05/09/2024

O circuíto das Pontes acollerá esta fin de semana unha nova edición do VF Challenge MR Gran Premio Concello das Pontes.



A proba, na que participará preto de 80 pilotos de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal, desenvolverase os días 7 e 8 de setembro en xornada de mañá e tarde, con quendas para adestramentos libres, oficiais e mangas cronometradas das que sairán os gañadores do trofeo local.



A convocatoria, organizada dende o equipo VF Timing, volve contar co respaldo do Concello das Pontes, mediante o departamento municipal de Deportes, e constará de cinco categorías infantís e de adultos: Minimotos, Supermoto, Pitmotard, Minivelocidade e GP Sport.



Máis info: https://vive.aspontes.org/o-circuito-de-karts-acolle-esta-fin-de-semana-o-vf-challenge-gran-premio-concello-das-pontes-de-velocidade/



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies