24/07/2024
COMPARTIMOS
RESUSLTADOS DO CLUB DE PIRAGÜISMO GRUPO XUVENIL DE AS PONTES NOS
CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE SPRINT DE NOVAS PROMESAS
A pasada fin de semana disputouse no encoro de Pontillón do Castro, o CampIonato de España de xovenes promesas para as categorías Infantís e cadetes, unha cita que reuniu a máis de 1000 padexeir@s e 105 clubs.
O club pontés acudiu ao campionato con seis padexeir@s, catro infantís e dous cadetes. Trais 3 días intensos de competición @s padexeir@s ponteses acadaron os seguintes resultados:
- Daniel Ferro Franco acadou o 9º posto na final “A” no K1 infantil “B”.
- Xoel Timiraos Pico, na categoría k1 infantil “B”non logrou clasificarse para semifinais na contrareloxo na que acadou o 42º posto entre os 80 padexeiros participantes.
- Daniel Ferro Franco e Xoel Timiraos Pico no k2 infantil “B” acadaron o 6º lugar na final “A” sobre 1000 metros.
- Xalo Romero Valle na categoría infantil “A” acadou o 9º posto no k1 sobre a distancia de 1000 metros.
- Xalo Romero Valle e Xalo Cascudo Montes acadaron o 3º lugar no k2 infantil “A” sobre a distancia de 1000 metros.
- Carmen Alén Bellas e Antía García Pico competiron no k2 cadete sobre a distancia de500 metros no que lograron clasificarse para a final, acadando o cuarto posto na final “C”.
Na clasificación por clubs o Grupo Xuvenil acadou o 40º lugar entre os 105 clubs
participantes.
Parabéns polos magníficos resultados!!! #deportepontes #orgullopontes #aspontes #deporte #CampionatoDeEspaña
📷 Grupo Xuvenil
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies