Noticias e alertas

FESTIVAL A FRAGA 2024

24/07/2024

FESTIVAL A FRAGA 2024



🎶XURXO FERNANDES

Creador e artista coruñés cunha extensa traxectoria no ámbito da etnografía e das músicas de raíz. É unha das voces máis singulares do panorama galego actual, capaz de innovar minuciosamente desde a tradición grazas ao seu vasto coñecemento do eido da creación popular colectiva.

Xurxo Fernandes fórmase desde moi novo en baile e canto tradicional tanto de xeito autodidacta como a través do contacto con fontes da sabedoría popular. A súa curiosidade leva ao creador a iniciar, en 1994, unha investigación e recollida polas aldeas de Galicia que mantén ao longo de máis de dúas

décadas.



🎶MONOULIOUS DOP

Nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mesmos producen e que coa forza das redes sociáis pronto contan co apoio do público. Este empuxe da xente é o que os incita a montar unha banda en clave de rock formada por Beny á batería, Torroncho ó baixo, Carba e Pla ás guitarras e os propios Ula e Mon ás voces.

Despois de ofrecer un bo número de concertos pola xeografía galega presentando a nova banda, na primavera de 2017 sacan o seu primeiro disco, un dobre LP baixo o nome de “LP Padre” no que a banda saca a luz un bo puñado de temas novos e recupera algúns dos temas antigos que mellor aceptación do público tiveron.



🎶LA REGADERA

Son esa banda inclasificable que combinan na súa coctelera particular ingredientes como o ska, o rocksteady ou o punk ribeteados con pinceladas de reggae, pop e latin. Teñen un directo intenso, fresco e colorido co que conseguen divertir e conmover a unha audiencia sorprendentemente ampla.



🎶 WE ARE NOT DJ´s

Son o fin de festa perfecto, “Os reis dos festivais”. Pasearon as súas mesturas por gran parte dos festivais máis importantes de España chegando a sumar máis de 100... Son imprescidibles en calquera festa que se prece de selo e os encargados de clausurar os eventos, pechando escenario para moitos dos artistas máis destacados de aquí (e mesmo de alá).

📆 Mércores, 24 de xullo

⏱ A partir das 21:00 horas

📌 A Fraga



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies