Noticias e alertas

AVISO: CAMBIO DE UBICACIÓN!

23/07/2024

AVISO: CAMBIO DE UBICACIÓN!



O espectáculo "The legend" de El Gran Dimitri trasládase ao PARQUE MUNICIPAL!



Dimitri, un xenio do escenario segundo el, aínda que de dubidosa reputación artística. enfróntase ao seu terceiro traballo en solitario. Despois de case actuar en prestixiosos festivais, salas B dos mellores teatros e de case gañar algún premio, Dimitri ten unha epifanía: "Nacín para ser unha lenda do escenario".



Así que monta un espectáculo onde se xogará a vida. Función a función creará o espectáculo co que será lembrado e amado, como unha rockstar.



"The Legend" é a historia dun antihéroe, dun perdedor que ten a ousadía de seguir pelexando polo que quere. Este espectáculo está dedicado aos antihéroes, aos soñadores. Non volo perdades!! 😊



🎟🎁Ao finalizar a actuación entregaremos un lote de agasallos sorpresa a todos os nen@s que participen no sorteo. Participa!

📆 Martes 23 de xullo

⏰ 18:30 horas

📍 Parque Municipal

👥 Todos os públicos



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies